⚽ GULÁNS FUTBOL SALA 5-0 A.D. TOMIÑO FUTSAL "A" ⚽
⠀
Unha noite perfecta para escribir unha nova páxina na historia do club. 💚🖤
⠀
O equipo completou unha gran final, sendo sólido desde o primeiro minuto e demostrando todo o traballo realizado durante a tempada.
⠀
Un inicio soñado co gol de Kevin no primeiro minuto abriu o camiño, e os tantos de Javier, Mateo (x2) e Xoel puxeron a firma a unha final inesquecible.
⠀
Unha vitoria que é o premio a un grupo que nunca deixou de crer e que pecha a tempada levantando un título. 🏆
⠀
Parabéns tamén á A.D. Tomiño Futsal pola final e pola gran tempada realizada. 🤝
⠀
Agora toca desfrutar deste momento.
Porque isto xa forma parte da nosa historia.
⠀
💚🖤 SOMOS CAMPIÓNS 🖤💚
⠀
SEMPRE GULÁNS! 🏆